miércoles, 11 de julio de 2012

BENVIDA!


Ola a todos/as! Hoxe, en pleno mes de xullo aínda que sen sufrir, de momento, os rigores propios desta época do ano (xa nos chegan os do goberno), abrimos esta vía de comunicación entre Soutomaior e Newark. Con ela, pretendemos que poidan ter "información fresquiña"os pais/nais, compañeiros, profes e demais coñecidos, sobre que comen, que fan, que visitan, que aprenden, que lles chama a atención, que lles emociona, que lles fai rir ou chorar, que botan de menos, que..., os rapaces e rapazas que disfrutan do intercambio lingüístico que o CPI Manuel Padín Truiteiro organizou este curso con Newark Academy. 
A nosa intención (sempre que as novas tecnoloxías nos respecten), é actualizar o blog diariamente. Imos contárvolo todo! E, por suposto, os que queiran poñernos ao día sobre as cousas que pasan no pub, no centro,  no concello, ou no país (case que o do país o deixamos para a volta), pode deixar un comentario a pé de páxina, lerémolos encantados e contestaremos todas as cuestións para as que teñamos resposta!