domingo, 16 de septiembre de 2012

EXPLORANDO NEW YORK 14/09/12

Aquí estamos de novo! O venres participamos nas saídas didácticas organizadas por Newark Academy e ata non sentarnos as profes diante dos ordenadores non foi posible compartir as fotos que fixéramos.
GRUPO C (Chon)- Pasaron toda a mañá en CENTRAL PARK onde chegaron así de contentos.
E a súa alegría aumentou cando atoparon os campos de fresas, aínda que parece que non compartiron con moita xente o seu doce descubrimento.
Aburridos de buscar entre árbores, algunhas rapazas decantáronse polo mundo animal. Aínda que non o pareza, eses pingüinos son de verdade! Refírome aos de atrás, claro.

Sen embargo,  non todos concentraron os seus esforzos na exploración, mirade senón onde pillaron a Daniel. Pillín, pillín.
¿A quen chamaría con tanta urxencia? Non parecía que o estivera pasando mal.
Pero non foi o único que botou unha canita ao aire. Estas señoritas tamén atoparon diversión onde so imaxinaban natureza.

E, precisamente, iso foi o que non faltou: moita imaxinación.



GRUPO L (Luisa)- Nos pasamos a mañá camiñando polas rúas de NEW YORK. Diante dalgúns dos edificios máis representativos, parábamos e atendíamos á explicación que nos daban os profesores. Os rapaces mostráronse así de atentos e ata colleron notas! Benditiños!



Pero, entre a calor e a camiñata, agradeceron uns minutos de descanso. Iso sí, no recuncho dos artistas, a carón de Central Park.

Máis relaxados, volvimos a elevar a vista ao ceo para seguir admirando xigantes con garras metálicas enterradas no asfalto. Este en concreto, presumía do seu Art Decó en medio doutros edificios minimalistas.

A nosa sorpresa foi atopar, entre tanto xigante, este enanito tan poderoso con forma de manzá e herméticamente pechado nunha pantalla de cristal.



Ten fama de froita prohibida, tamén de froita da discordia, pero creo que os rapaces/zas non lles importaría caer na súa tentación antes de comer o que tiñan de menú.
                         1ª Lección culinaria: Como conseguir probar sabores novos sen fruncir o ceño.

Agora estamos disfrutando dunha  fin de semana longa, pero vouvos mandar fotos do sol, da luz e dalgúns lugares interesantes que visitamos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario