martes, 11 de septiembre de 2012

TOLERANCIA 11/09/12

Nun día tan sinalado coma hoxe, os nosos nenos/as deron exemplo de TOLERANCIA e CONVIVENCIA visitando un centro educativo onde se profesa unha relixión diferente á nosa. Cóntovolo nun momento, pero antes hai que FELICITAR a Paula Ríos e Jesús Valladares que se atreveron a dicir unhas palabras, en Inglés por suposto, diante de toda a comunidade educativa de Newark Academy! Non so falaron moi ben, senón que non parecían nerviosos!


                                                                              Moi ben feito! Congratulations!

Coidadiño con eles que están a tiro de pedra da Casa Branca e hai eleccións nunhas semanas, a ver se deciden no último momento quedarse para facer carreira política neste país. 


Despois, cruzamos a  rúa e visitamos un centro xudeo.



Atopáronse con alumnos/as que non viran na súa vida e, sen embargo, parecían amigos de sempre. Estes nenos de Arcade facendo amigos non hai quen lles gane, da o mesmo un dinosaurio que un esquío, un americano o un marciano!



Se algún alumno/a de Arcade segue o blog, abride ben os ollos e mirade as taquillas enteiras, limpas e ordenadas (bueno, máis o menos)
.
¿Comparamos coas nosas ou recurrimos á disculpa tan manida de "tódalas comparacións son odiosas"? !Cantas cousas, de esas que non aparecen nos libros de texto, quédanvos por aprender e a nós por ensinar!

Gustaríanos mostrarvos fotos da comida que nos ofreceron no colexio, pero...non hai e vouvos a contar a razón. Resulta que mentras os nenos/as estaban nas clases, Chon e eu fomos a un pequeno xardín interior para non molestar a ninguén. Cando eran cerca das dúas saímos a buscar aos nenos para comer xa que tíñamos que marchar ao mediodía e cal non sería a nosa sorpresa cando nos dixeron que  os rapaces xa comeran e que a cafetería estaba pechadoa.  Parece ser que, ao rematar a clase os nenos foron cos compañeiros e, a pesares de non atoparnos no comedor, a ninguén se lle ourriu buscarnos! Mirade como nos tratan. Así que, como vedes, hoxe tocou facer réxime, ímos chegar a España como dúas artistas de cine!

Do que sí temos probas é do experimento de Física para o que se presentou voluntario Óscar. A non preocuparse que sobreviviu!

Dicíavos que hoxe as profes en vez de comer, deixamos pasar o tempo neste xardín interior

Foi erixido en honor aos seis millóns de xudeos mortos baixo a barbarie do racismo e intolerancia durante a II Guerra Mudial. Non estivo nada mal cambiar un bocadillo por uns minutos de reconciliación co ser humano. Nunha esquina deste jardín estaba este pequeno letreiro de cristal que rezaba:


                                                        HOPE, é dicir, ESPERANZA




No hay comentarios:

Publicar un comentario