As profes aproveitamos para visitar algúns museos en NY onde, por certo, nos pillou a chuvia forte como un día de temporal en Galicia, sen maior problema.
NY baixo as bagoas de chuvia
Seguramente para compensarnos, hoxe o día presentouse marabilloso, sol e menos calor que estes días atrás, polo tanto, aproveitamos para pasear por un pobo delicioso chamado FRENCHTOWN (o nome xa é precioso) e roubar unhas instantaneas como as que compartimos con todos vós.
E por último, quería presentarvos a nosa nova amiga americana. É lista como un allo, teríades que vela buscando o sustento do día!
Coitadiña. Come, miña rula, come!
Hola profes, soy Marian madre de Jesús Alvarez. Primero decir que toda la familia lo hecha mucho de menos pero sabemos que está en buenas manos.
ResponderEliminarQuiero aprovechar para daros las gracias por esta oportunidad que le estáis dando a nuestros niños y valorar vuestro trabajo y atención.
Espero que también lo paséis bien con ellos y que no sólo sea corregir libritos. Moitos biquiños
Ola Marian, vos botades de menos a Jesús e nós disfrutamos da súa compañía, ocurrencias e simpatía. A súa "familia" americana está encantada con el, sobre todo, as irmás do seu compañeiro (ollo ao dato!). Esta é unha experiencia compartida polo colexio, pais, alumnos/as e profesores/as que, espero, sirva para modelar finamente as plásticas mentes destes rapaces/as. As profes estamos encantadas con eles, polo seu bo comportamento, educación e saber estar. O esforzo merece a pena!
ResponderEliminarMoitas grazas, Marian e biquiños tamén para ti.