jueves, 20 de septiembre de 2012

TEMPO DE DESPEDIDA 18/09/12

Na vida, todo o que comeza remata, polo tanto, o momento da despedida era inevitable. Sen embargo, América non parecía moi contenta coa nosa marcha. Despois de dez días de tempo veraniego, así de triste e oscura (como Fonseca) presentouse a mañá.
Estivemos toda a mañá na escola de Newark, comimos spaguettis con albóndigas, verdura, ensalada e froita. E mentras unhas o facían así de animadas


Adrián estaba así de pensativo. Non sei moi ben se todo estaba riquísimo e quería repetir ou se alegraba de que xa non lle quedara máis no prato.





Tamén asistiron a clase, de aí non temos fotos. Bueno, unha que fixemos a escondidas xa que nos chamou a atención a capacidade de concentración de Jesús. ¿Que estaría lendo?¿Será posible que un libro de texto en inglés obre tal marabilla?


E así, entre comidas e cambios de clase, case sen darnos conta, o tempo de dicir adeus, chegou pouco despois do mediodía. A partires dese momento, todo foron presas, abrazos e un sonriso nervioso.


 Mariíña esqueceu por uns minutos as ronchas que a martirizaban e Antonio, en fin, xulgade vós mesmos, ¿está superado ou non pode con máis apertas? Coitadiño!

Claro que, houbo algunhas que aportaron un toque distinto, de cor e humor á emoción do momento. A ver que vos parece a escea...




Xa non había máis tempo, o xusto para correr ao autobús e atoparse por última vez coa mirada do irmán/irmá americano/a.


Aí comezou a nosa viaxe de volta. Ao principio un pouco complicada, definitivamente, América resistíase a deixarnos marchar e desencadenou unha tormenta que retrasou a saída do avión dúas horas. Polo tanto, procuramos levar as cousas con bo humor, para iso estaba Jesús que non deixou de suavizar a espera coas súas anécdotas. Entre outras cousas, abriu a mochila e mostrounos o regalo que lle traía a Raquel: un vestidito para o oso que lle regalara o ano pasado! Pero mirade, mirade, que vestido tan patriótico.


E despois de tanta emoción e tanta risa, nada máis subir o avión, isto foi o que pasou.

                                                                                            Ja,ja,ja, benditiños!

Se USA se resistía a soltarnos, a patria chica non ía a ser menos e se vestiu así de radiante para recibirnos (sobrevoábamos Galicia).

Hora de espertar, pero o persoal parecía un pouco cansado, aínda que non malhumorado.


Ja,ja,ja, non podían nin coas mochilas, sen embargo estaban pensando nas asignaturas que tiñan ao día seguinte na escola!

O resto da historia xa a coñecedes. Polo tanto,  tócame a min despedirme de todos vós, non sen antes AGRADECER o seu traballo, colaboración, apoio e/o cariño a:

1- O colexio CPI Manuel Padín Truiteiro que, co apoio maioritario do claustro, permitiu levar a cabo este intercambio e se volcou nel cando estiveron aquí os americanos.
2- Ás coordinadoras do programa polas innumerables horas adicadas á organización do mesmo. En España:  profesora de Inglés: Chon Pereira Rodríguez e, en USA, a profesora de español: Maite Mcneilly-Anta.


3- Ás familias, tanto españolas como americanas pola súa atención e coidado dos nenos/as cando estaban no país de acollida.
4- A Joe, o conductor do autobús en New York pola súa comprensión, a boa disposición en todo momento e a súa simpatía.


5- E, sobre todo, aos nenos/as polo seu SABER ESTAR, EDUCACIÓN E EXTRAORDINARIO COMPORTAMENTO do que fixeron gala en todo momento.

MOITAS FELICIDADES E GRAZAS A TODOS/AS  POR FACER DESTA UNHA VIAXE INESQUECIBLE!



Terán outras oportunidades de ver os recunchos do mundo e medrar como seres humanos, alcanzarán novos horizontes e, esperemos, construirán unha sociedade máis xusta e tolerante. BOA SORTE aos que marchan do colexio e VÉMONOS MAÑÁ aos que quedan.

 Agora sí, moitas grazas por ler o blog e unha afectuosa aperta para todos/as.


No hay comentarios:

Publicar un comentario