viernes, 7 de septiembre de 2012

WEST POINT 7/09/12

Como vos dixen onte, hoxe fomos á academia militar de WEST POINT. Tivemos que viaxar no autobús unha hora e media a través de bosques verdes e frondosos (ou ben tódolos pirómanos "traballan" a tempo completo en España ou ben, en outros lugares valoran e coidan o medio ambiente con máis enerxía que nós) para chegar a un lugar espectacular. Os rapaces estiveron así de atentos ás explicacións da guía de quen recibimos (como non!) a pertinente felicitación polo comportamento do grupo e a súa atención (dubidamos se foi porque lles pareceu "moi interesante" a información ou porque estaban pensando no que ían facer despois).

O caso é que, entre paseo e paseo, atopamos uns bancos que estaban adicados ás virtudes que deberían mostrar tódolos seres humanos e mirade o que pasou ante o que estaba adicado á "disciplina".
Efectivamente, non lles impresionou o máis mínimo! Bueno, en realidade, déronlle a espalda. Pero, grazas ao ceo, a cousa mellorou notablemente ante o banco adicado á "responsabilidade" (podése ler mellor se se amplía a imaxe).
Aí está,  non só ocupado, senón que os nenos están seguros e sonrintes.
Sen embargo, esto foi o que atopamos ante o banco adicado á "integridade".
Unha soidade tan absoluta que poderíamos titular a fotografía: "Monumento ao político descoñecido". Os neniños non podían tomar posición nese inmenso e desolador espazo deserto xa que estaban atendendo á explicación da guía (sen dúbida, a única despistada era eu).
Ao saír da academia militar (creo que máis famosa do mundo) marchamos de compras e fixádevos como acabou a cousa.


Vedes a cantidade de bolsas que hai polo chan? Son regalitos para vós!!!!!!!!!!! Preparádevos para á sorpresa e...non sei, igual para afrontar a multa (por suposto, metálica) por exceso de peso nas maletas.
Mañá e pasado, toca día en familia. Algúns van ir a un parque de atraccións, outros a visitar lugares un pouco máis afastados de Newark e nós...Creo que durmiremos un pouco máis! (cando poderémos volver a sesta de sillón e música!). De tódolos xeitos, se logro facerlle unha foto divertida a Chon, prometo publicala, pero non lle digades nada. Tamén haberá sorpresa para ela!

No hay comentarios:

Publicar un comentario