Unha vez alcanzado o nivel necesario de azucre en sangue, enfrentámonos ao axetreo de New York. Xa vedes que a adaptación á vida americana, para algúns, non é moi difícil! A primeira visita foi á sede das NACIÓNS UNIDAS.
Aí estamos diante dos retratos dos Secretarios Xerais da institución, a ver se se nos pega algo do seu bo facer en prol do obxectivo resumido neste cartel.
Aquí están os alumnos/as na sala onde se celebran as sesión do Consello Xeral, é dicir, onde se corta o bacallau no mundo.
Sí, a min tamén me parece un panorama un pouco sombrío, sen embargo, fixádevos como cambia nesta outra foto.
Esperemos que a nova xeración sexa máis competente e valente que a nosa. Polo de pronto, a luz do horizonte cambiou coa presencia dos nenos/as. Pisan forte, mirade senón que recordo deixaron na porta da UN.
Por iso de que a única arma contra a violencia é a cultura e a xustiza, dirixímonos á BIBLIOTECA PÚBLICA, pero antes de chegar, deixádeme que comparta con vós esta instantánea dun edificio esvarando sobre a superficie acristalada do seu eterno namorado. Que fermosura!
Aínda que Orlando e o seu equipo non poden tirar as paredes da biblioteca do cole para abrir unha ventá ao mundo, cando menos iluminan sendas novas que conflúen no coñecemento.
Unha vez enchidos de sabedoría, marchamos a TIMES SQUARE, xa sabedes, o lugar onde a xente celebra a entrada do novo ano cristián. Ésta é a meca do consumismo, pero tranquilos que aquí non gastaron moito.
Ademais de tendas, tamén vimos cousas tan curiosas como éstas.
¿Alguén quere imitar ao cowboy? Ja,ja, ja.
E tamén había unha oficiña de reclutamento de soldados para as forzas armadas e o seu carón ¿sabes a quen atopei?
Ja,ja, non sei moi ben se estaban enchendo as follas de inscrición ou botando contas do que lles quedaba por gastar. Porque non nos ímos engañar, gastar, gastaron, sobre todo en CHINATOWN. Pero, tranquilos que non era moi caro. Paréceme a min que os Reis Magos van pasar por Arcade antes de tempo!
E despois de tanto trajín, volta a casa onde, a pesar de que non estaban papá e mamá, alguén nos esperaba na porta.
Que pasedes un fermoso día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario