Comezamos a mañá facendo amigos no Museo das Ciencias, mirade, mirade que "individuos" nos atopamos nas diferentes salas.
Pero vedes que ás rapazas non escapaban. Gustoulles facer novas amizades.
E, como en tódolos sitios, tamén aquí atopamos seres de mal carácter, menos mal que a eses non se acercaron.
Como estas emocións non eran demasiado fortes para a xente nova, tivemos o valor de subir ao ascensor da torre Rockefeller Centre que en 1 minuto e 59 segundos se tragou nada máis e nada menos que 67 pisos! (máis o menos como o da miña casa).
E desde a azotea...observamos de lonxe a jungla da chamada civilización e progreso.
¿Quen dixo vértigo?
Desde logo, os nenos non foron, fixádevos nas cariñas.
Quizais estaban contentos por pisar a avenida máis famosa do mundo: a Quinta Avenida de NY
Non, non vos preocupedes que esta vez non gastaron ni un centavo! Non porque non o estiveran desexando, senón porque non tiveron tempo de entrar en ningunha tenda (agradecementos ás profesoras que apuraron o paso). !Uf! Qué alivio, verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario