Misteriosas, como esta muller que mira atrás invitándonos a seguila. Onde irá?
E fantasmagóricos seres andróxinos que emerxen do vapor de auga.
Incluso, algunhas parecían alongarse coas ramas das árbores.
Entre tantos seres de metal e pedra, sorprendímonos ao recoñecer a algúns deles: eran os protagonistas de cadros moi famosos que, ao parecer, romperon os marcos que os tiñan prisioneiros e se quedaron a vivir no parque. Xunto a eles, os nenos posaron para renombrados artistas como Renoir o Manet.
Ata as profes serviron de inspiración a E. Munch.
Despois de tanto deleite, visitamos o campus da universidade de PRINCETON. Para todo pai e nai é un orgullo ter a un fillo nunha das universidades máis prestixiosas de USA. Pois mirade que pasou esta tarde, os vosos nenos están a piques de acceder a este centro educativo pola porta grande.
Pero non se contentaron con franquear a entrada, senón que ocuparon o seu sitio nas aulas.
E fixeron algo máis...baixade o cursor, por favor.
Aí os tedes! Xa podedes dicir que os vosos fillos estudaron na universidade de Princeton, polo menos por un día. Ja,ja,ja. Ata parecen concentrados nos papeis que tiñan entre as mans (algún seguro que estaba ao revés!).
Como comprenderedes, non todo vai ser esforzo e estudo, así que, para rematar o día, tivemos "fiestuqui" de despedida na casa dun dos alumnos. Así comezou a festa.
Seguidos de altos de vértigo nunha cama elástica.
Máis tarde, baño nunha piscina aberta de auga quente e cea tipo buffet no xardín.
Ata mañá.
Tódalas viaxes son inesquecibles, grávanse nos miolos e pasan a engrosa-la bagaxe de experiencias que vai conformando a propia persoa. Aquelas das que se poden tirar conclusións inmediatas sobre o hábitat de cada un, adquiren un valor inestimable. Este é o caso da vosa viaxe.
ResponderEliminarTedes moita sorte! Noraboa polo voso comportamento.
Tes razón, teñen moita sorte e están aproveitando ao máximo a súa oportunidade. É un luxo acompañar a rapaces/zas así. Nin un problema, nin unha queixa. Todo o contrario, felicitacións por parte das familas que os acollen.
ResponderEliminar