Dícese, e parece ser certo, que USA é un país de contrastes e cousas increíbles. Non vou a estenderme máis en mostrarvos edificios que poden aparecer en calquera libro, senón que voume deter en outras instantáneas que me chamaron a atención como estas.
Aparcamento en Chinatown
Casita en aluguer en White House
Ponte levadizo de Mystic River
Tamén parece ser un país onde todo é posibe.
Escola hebraica Joseph Kushner
Cartel exposto nas Nacións Unidas
Escultura en Grounds for Sculture
Tenda en Mystic River
Pero, sobre todo, nel habita un pobo que soubo comprender, respectar e manter o medio natural sobre o que se asenta e mima.
Hudson River
Grounds for Sculture
Round Valley
Sen dúbida, impresionoume a limpeza do campo e a perfecta integración da vida humana no medio natural ante o que baixa a cabeza en sinal de respecto. Comeza o outono e as follas das árbores tínguense de cores vermellos. Aínda caen lentamente, cómodamente balanceadas pola brisa suave que os últimos raios cálidos do sol alenta.
Chegarán xeadas, nevadas e posibles desastres naturais, pero esta xente ten claro o que quere atopar cando a neve sexa bebida pola terra. Saben que so é cuestión de tempo, a primavera reactivará a vida nos bosques, ríos, praias e montañas que volverán a manifestarse tal e como os seus avós e os avós dos seus avós, os coñeceron. E isto rabuña a miña conciencia, eu sei o que me gustaría atopar cando as longas sombras invernais desaparezan. Sen embargo, imponse a evidencia, na miña terra mañá nada será igual a hoxe. Todo se destrúe a golpe de ignorancia ou talón. Quizais porque non sabemos comprender nin valorar o que temos, estamos condenados a admirar sempre o que outros saben conservar. Deixo as bágoas para mañá!
Noraboa ás mestras porque fostes os "enlaces" cos nosos, familiares, amigos... coidando de que estiveran ben, dandolles educación mesturada con diversión, dese tipo de experiencias das que xamais te esqueces. Moitísimas gracias por todo.
ResponderEliminarTraballar con nenos/as é, cando menos, unha aventura. Parece que non prestan atención ao que dicimos, pero teño a esperanza de que unha semente aquí e outra aló, xermole. Grazas polos ánimos, Anónimo,con este grupo foi un pracer compartir a experiencia americana.
ResponderEliminarCon mestras coma vós o sistema educativo ainda ten unha oportunidade, xente que se compromete e que se implica, iso é o que necesitamos. Estivemos engachadísimos ó blog, esperando todos os días novas dos nosos nenos, sentindo sempre que estaban coidados. NORABOA.
ResponderEliminarOutra cousa non, pero coidalos...Foron a nosa obsesión durante estes 15 días. Agora que xa vemos Soutomaior ao final da longa viaxe, comezamos a relaxarnos e temos un sono... Grazas.
ResponderEliminarComo pais (de Miriam)tivemos todas as dúbidas do mundo cando a nosa filla nos falou de facer esta viaxe, pero agora que se está acabando, e ainda sen saber da súa boca os detalles polo miúdo, queremos dar grazas as profesoras e a ela por poder vivir esta aventura.
EliminarO blog foi unha gran idea.
BENVIDOS¡¡¡¡
O blog terá continuidade, doutro xeito, pero seguirá sendo un punto de encontro entre o centro e os pais. Grazas a vós pola vosa confianza.
ResponderEliminar