Aquí estamos de novo, nun día algo chuvioso aínda que con calor e unha humidade terrible. Estamos un pouco, só un pouco, máis descansados, todavía andamos co pé cambiado. Onte entre unha cousa e outra fomos á cama moi tarde (ou temprano, depende da beira desde onde miremos o reloxo). Hoxe tocaba visitar o centro de acollida NEWARK ACADEMY.
E despois, trasladámonos a unha casa victoriana do século XVIII onde nos esperaban para comer a típica comida que cos que os norteamericanos celebran o DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS.
Por suposto, non nos deixaron comer á luz das velas. E quizais por iso da productividade americana, tivemos que gañarnos a comida
Así que traballaron elas
Pero eles tamén tiveron que botar unha man
E non lles saiu mal! Será mellor que non o fagan tan ben outro día porque, senón, vailles tocar cociñar a diario.
Isto que quede entre nós, pero xa comezan a chegar as felicitacións polos nosos nenos, bueno, máis ben vosos aínda que estes días os teñamos "prestados".
un saudo para todolos galegos que se atopan en este vendito lugar da familia de Carlos Peso Soliño. Pasadeo todo o ben que poidades e sobre todo aprendede moito desta nova experiencia.
ResponderEliminarÉ certo que estamos aprendendo moito, sobre todo, de convivencia e tolerancia. En comportamento e educación dos nenos e nenas galegos redondeamos a nota a 10. Un saúdo.
EliminarPreciosas fotos !!! A miles de kilómetros de casa e tan panchos. Moitos bicos a tod@s e sobre todo às profesoras.
ResponderEliminarMoitas grazas polos bicos, Anónimo. Unha aperta moi afectuosa desde o corazón do mundo!
ResponderEliminarHola rapaces e rapazas , xa se ve que o estades pasando moi ben.Desexo que sigades pasando ben.Moitos bicos a todos pero en especial a Carlos Peso Soliño .
ResponderEliminarOla familia:
ResponderEliminarCreo que sí, o están pasando moi ben e se están portando genial. Que sigan así!
Unha aperta para todos.