miércoles, 5 de septiembre de 2012

DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS 5/09/12

Aquí estamos de novo, nun día algo chuvioso aínda que con calor e unha humidade terrible. Estamos un pouco, só un pouco, máis descansados, todavía andamos co pé cambiado. Onte entre unha cousa e outra fomos á cama moi tarde (ou temprano, depende da beira desde onde miremos o reloxo). Hoxe tocaba visitar o centro de acollida NEWARK ACADEMY.


E despois, trasladámonos a unha casa victoriana do século XVIII onde nos esperaban para comer a típica comida que cos que os norteamericanos celebran o DÍA DE ACCIÓN DE GRAZAS.


Por suposto, non nos deixaron comer á luz das velas. E quizais por iso da productividade americana, tivemos que gañarnos a comida


Así que traballaron elas

Pero eles tamén tiveron que botar unha man


E non lles saiu mal! Será mellor que non o fagan tan ben outro día porque, senón, vailles tocar cociñar a diario.
Isto que quede entre nós, pero xa comezan a chegar as felicitacións polos nosos nenos, bueno, máis ben vosos aínda que estes días os teñamos "prestados".


6 comentarios:

  1. un saudo para todolos galegos que se atopan en este vendito lugar da familia de Carlos Peso Soliño. Pasadeo todo o ben que poidades e sobre todo aprendede moito desta nova experiencia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É certo que estamos aprendendo moito, sobre todo, de convivencia e tolerancia. En comportamento e educación dos nenos e nenas galegos redondeamos a nota a 10. Un saúdo.

      Eliminar
  2. Preciosas fotos !!! A miles de kilómetros de casa e tan panchos. Moitos bicos a tod@s e sobre todo às profesoras.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polos bicos, Anónimo. Unha aperta moi afectuosa desde o corazón do mundo!

    ResponderEliminar
  4. Zaira Soliño e familia10 de septiembre de 2012, 8:30

    Hola rapaces e rapazas , xa se ve que o estades pasando moi ben.Desexo que sigades pasando ben.Moitos bicos a todos pero en especial a Carlos Peso Soliño .




    ResponderEliminar
  5. Ola familia:
    Creo que sí, o están pasando moi ben e se están portando genial. Que sigan así!
    Unha aperta para todos.

    ResponderEliminar